versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un proxecto que debería estar en marcha dentro de tres meses

[20/02/2011]

O profesor Xavier Ferreira cualificou o proxecto de colaboración de «feito histórico», por canto o marco normativo estatal no que se sustenta pechouse o 10 de novembro do ano pasado.

Segundo o seu estudo, o tres axentes locais que traballan até agora en Brión supoñen un cociente de 0,4 policías por cada mil habitantes, mentres que Ames duplica esta media. Para que o municipio que preside García puidese chegar a esta cifra tería que investir uns 390.000 euros e contratar a doce funcionarios. Co acordo, con todo, soluciona o problema cun investimento que rolda os 8.000 euros. Ames, pola súa banda, incorpora os servizos de Protección Civil e emerxencias con custo cero.

O obxectivo é que o sistema poida estar a funcionar nun limiar de non máis de tres meses, en función do que se tarda en formalizar acordos internos e esperar o visto e prace da Xunta.

O BNG de Brión, pola súa banda, lamentou o decatarse deste acordo «pola prensa» e aínda que se mostrou partidario da redución de custos que poidan supor estas medidas, rexeita as «políticas de trastenda».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion