versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Prefiro pintar abstracto, que os cadros fagan pensar

[16/02/2011]

O segundo premio que lle concedeu o xurado do certame Novos Valores de Brión é o primeiro que obtén Raquel López Vázquez fóra dos concursos escolares, «e iso anímame a seguir pintando, porque me da confianza no que fago».

Raquel ten 14 anos e estuda terceiro curso da ESO. Conta que pinta dende que era moi pequena, «pero máis ou menos ben fágoo dende os 9 anos, pero deixei de ir a clase de pintura porque tamén fago natación e xogo ao fútbol, e non me queda tempo». Con todo, ela pinta a miúdo, e asegura que non sabe que inspira os seus cadros, «porque cando me poño a pintar non penso en nada especial, reláxame pintar e deixo que saían cousas con cores cálidas e formas que non sexan figurativas, prefiro o abstractos, algo que faga pensar á xente que ve os cadros».

O gusto pola pintura non significa que Raquel vaia estudar o bacharelato de Artes, «porque tamén me gustan moito as Ciencias».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion