versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A biblioteca de Brión duplica o seu espazo e terá sala de estudos e unha zona infantil

[15/02/2011]

O Concello de Brión iniciou os traballos de adaptación da primeira planta da antiga casa consistorial, situada na carballeira de Santa Minia, para albergar a nova biblioteca municipal, que duplicará o seu espazo e contará con sala de estudos e zona infantil.

Tras os traballos, a biblioteca pasará de ocupar unha superficie de 100 metros cadrados até alcanzar os 190 m2. Este maior espazo é o que permitirá ofertar novos servizos, como unha zona infantil de 28 metros cadrados, con novo mobiliario e xogos para os máis pequenos, e unha aula que se situará no despacho que albergaba a alcaldía. Tamén se incorpora unha sala de estudos, coa mesma superficie. Os outros 134 m2 do inmoble serán abertos e nos seus andeis estarán os 11.500 fondos desta biblioteca.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion