versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A veciñanza de Brión xa recibe información local no Twitter

[08/02/2011]

Ben sexa polo privilexio de ter dado acubillo a un portal como Infobrion.com (posto en marcha pola Universidade de Santiago e o Concello para dinamizar a vida veciñal de Brión e a contorna), ben sexa pola boa interacción da dita plataforma coas restantes webs que viñeron logo (concellodebrion.org, briondixital.org), o certo que a día de hoxe este termo municipal do ámbito de Santiago é un dos que máis proveito tira das redes a nivel local dentro da nosa terra. Se os días pasados falabamos nesta web dos logros obtidos polas ditas webs ao longo de 2010 (un total de 74.878 visitas, 5.339 máis ca no ano anterior), agora toca falar doutra novidade en materia de espallamento virtual. Segundo nos contan fontes do Concello, o ano 2011 comeza cun espazo de seu en Twitter.

Este sitio, cóntasenos, servirá (entre outras cousas) como taboleiro interactivo de actividades. Ou sexa, que asumirá o papel informativo das devanditas webs do Concello pero dándolle un toque de cousa viva sobre todo o que teña relación con Brión. O espazo no Twitter estreouse estes días dando acubillo á apertura do prazo de inscrición para unha nova viaxe para a mocidade, con destino a Barcelona e do 23 ao 29 de xullo. Volvendo á cuestións das novidades en liña, dicir que non rematan co altofalante no Twitter, senón que proseguirán en breve coa presentación do novo portal institucional do Concello, que será dado a coñecer nun prazo de dous meses e que incluirá un deseño máis moderno, accesible e sinxelo, entre outras innovacións de feitura e fondo.
 



Enlace a Código Cero

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion