versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión anuncia unha viaxe a Barcelona para mozas na súa estrea en Twiter

[08/02/2011]

É a segunda rede social na que entra o Concello, que leva dous anos en Facebook. A aposta polas novas tecnoloxías é todo un feito no Concello de Brión. Xusto dous anos despois da súa entrada en Facebook, onde conta xa con 1.683 amigos, entra na segunda das grandes redes sociais de Internet e estreou unha conta en Twiter anunciando unha viaxe para os mozos do municipio. O destino é Barcelona, hai previstas 50 prazas e a data fixada do 23 ao 29 de xuño.

Segundo a información facilitada polo Concello, o prazo de inscrición para participar nesta viaxe abrirase en abril, aínda que xa se pode adiantar que a cota que deberá abonar e que inclúe desprazamento, estancia e media pensión no Albergue Centre Esplai, no Delta do Llobregat, é de 170 euros.

Toda a información e as novidades sobre esta actividade serán transmitidas polo Concello de Brión aos mozos a través de Facebook, Twitter, e do blog http://excursionmocidadebrion.blogspot.com/. Ademais destas ferramentas, o Concello conta con tres páxinas web, que o ano pasado rexistraron un total de 74.878 visitas.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion