versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A biblioteca brionesa amplíase con zona infantil e unha sala de estudos

[05/02/2011]

Os traballos na antiga casa consistorial inícianse a próxima semana. O Concello de Brión iniciará a próxima semana os traballos de adaptación da primeira planta da antiga casa consistorial, situada na carballeira de Santa Minia, para albergar a nova biblioteca municipal. Desta forma duplicarase, practicamente, o actual espazo desta infraestrutura educativa, que contará con sala de estudos e zona infantil e que na actualidade sitúase nos baixos da casa de cultura municipal.

Así, e tras os traballos, a biblioteca brionesa pasará de ocupar unha superficie de 100 metros cadrados até alcanzar os 190 m2.

Este maior espazo é o que permitirá ofertar novos servizos aos veciños de Brión. Entre as novidades está unha zona infantil de 28 metros cadrados, con novo mobiliario e xogos para os máis pequenos, e unha aula que se situará no despacho que albergaba a alcaldía. Tamén se incorpora unha sala de estudos, coa mesma superficie, no espazo que antes ocupaban secretario e tesoureiro. Os outros 134 m2 do inmoble serán abertos e nos seus andeis estarán os 11.500 fondos desta biblioteca.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion