versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Sesenta e unhas obras pictóricas compiten no Novos Valores

[01/02/2011]

Os gañadores daranse a coñecer o próximo día 11. Brión e Feiraco organizan o certame. A cultura, nas súas diferentes manifestacións artísticas, non deixou de atraer á xente nova, a pesar das estatísticas e malos agoiros que resaltan o desinterese que demostran as novas xeracións pola creación. Proba diso é a resposta, cada vez maior, que recibe o certame de pintura Novos Valores, que organizan de forma conxunta o Concello de Brión e a Fundación Feiraco, e que na súa sétima edición logrou atraer a 61 artistas galegos. Os gañadores daranse a coñecer o próximo 11 de febreiro.

O sesenta e unhas obras que compiten este ano por alzarse cos premios supoñen unha nova marca de participación, segundo resaltan os organizadores, xa que o ano pasado presentáronse un total de 52.

En total a VII edición do Novos Valores repartirá 3.500 euros en premios. Os artistas compiten en dúas categorías. Os gañadores da primeira, de 14 a 17 anos, recibirán 600 e 400 euros, respectivamente. O maior premio en metálico levaranllo os da segunda categoría, a de maiores de 18 anos, xa que os dous primeiros gañadores que se repartirán 1.500 e 1.000 euros.

PROCEDENCIA. En canto á orixe dos 61 artistas estes proceden de diferentes municipios de Galicia, aínda que destaca a presenza de participantes do Concello lucense da Pastoriza, un total de nove presentaron obras.

Hai que indicar que o acto de entrega de premios terá lugar o venres, 11 de febreiro, ás 20.30 horas, no centro social polivalente de Pedrouzos.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion