versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión modernizará a súa web institucional, que recibiu case 40.000 visitas no 2010

[30/01/2011]

O municipio de Brión foi un dos primeiros da comarca compostelá en dispor de páxina web e agora confirmou que nun prazo de dous meses cambiará o seu formato para facela máis «moderna e accesible» pese ao incremento de usuarios experimentado durante o ano pasado.

Nestes momentos Brión dispón de tres páxinas institucionais de Internet: concellodebrion.org, infobrion.com e briondixital.org. E todas elas recibiron durante o ano pasado ao redor de 75.000 visitas.

A páxina con maior número de consultas foi concellodebrion.org, que sumou 32.976 visitas ao longo do ano pasado, un número ao que hai que engadirlle sete mil visitas máis realizadas ao diferentes blogs temáticos que hai nesta páxina.

Nove anos de traballo

En canto ao portal infobrion.com, trátase dunha páxina que naceu no ano 2002 tras un acordo entre o Concello, a USC e todos os centros educativos. O ano pasado tivo máis de 28.000 consultas. Pola súa banda Briondixital.org, funciona como unha plataforma educativa en liña e computou 13.586 visitas. Ademais, Brión ten 1.650 amigos en Facebook.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion