versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión, Ames, Boqueixón, Teo e Vedra, contra o abandono de animais

[13/01/2011]

Entran na campaña 'Amigos que deixan pegada' da Fundación Refuxio. Catro concellos da bisbarra compostelana, Brión, Ames, Teo, Boqueixón e Vedra, colaboran en Amigos que deixan pegada, unha campaña contra o abandono e a favor da adopción de animais que puxo en marcha a Fundación Refuxio de Animais. Os catro concellos son colaboradores desta entidade dende a súa creación, a finais do ano 2006.

Baixo o lema Antes de esquencelos, pensa. Adopta", a campaña de Refuxio intenta concienciar a poboación do ámbito de Santiago contra o abandono das "mascotas", ao tempo que busca servir de aliciente para que se opte pola adopción dalgúns destes animais domésticos. Segundo a información facilitada polo Concello de Brión, que utiliza datos da Fundación Refuxio de Animais, na actualidade hai máis de 500 animais á espera que dalgún veciño ou veciña lle queira dar acubillo.

No caso concreto de Brión, o Concello xa iniciou a difusión da campaña Amigos que deixan pegada subindo os carteis informativos á súa páxina web (www.concellodebrion.org).
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion