versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Tempo de paz e... chamadas a Laponia

[21/12/2010]

Concerto solidario da escola de música de Ames e recollida de alimentos e xoguetes en A Estrada e Silleda. Os escolares estrandeses, brioneses e nicraerenses participaron nas videoconferencias con Papa Noel.

Tempo de paz, de solidariedade e de altruísmo. Así se entenden, ou deberían, as festas de Nadal. Na bisbarra, aínda ás portas deste Nadal, son xa varios os xestos solidarios que concellos, colexios e veciños levaron a cabo.

En Ames, os nenos da Escola de Música Municipal (EMMA) envorcáronse co sentimento navideño a través dun concerto no Hospital Clínico de Santiago para felicitar as festas aos pacientes, cun convidado de honra, o ministro de Xustiza: Francisco Caamaño.

Na Estrada, o pianista Javier Otero ofreceu un concerto benéfico no colexio Nosa Señora de Lourdes, en favor de Cáritas. A entidade que continúa coa recollida de alimentos na Operación Quilo, á que os veciños seguen respondendo, agradeceu a iniciativa ao centro, tras recadar unha cantidade imporante durante o recital. En Silleda tamén se continúa coa recollida de xoguetes dentro do programa Un corazón de esperanza.

En Padrón a nota singular puxérona os nenos do colexio de Educación Infantil e Primaria Flavia. Os peques aproveitaron a visita de representantes da Federación Galega de Xordomudos para cantarlles todos a un un vilancico de Nadal e de tempos de Paz en linguaxe de signos. E é que o Nadal tamén é unha data para remarcar a integración social e para que todos, independentemente da súa condición física e social xuntan esforzos conxuntos eliminando barreiras.

Pero ademais, en Nadal non pode faltar a música e a diversión. Negreira dió a benvida ás festas ao grande cun festival no que sobrou talento a cargo de máis dunha decena de agrupacións musicais.

Con respecto a A Baña. o domingo 19, ás 18.00 horas, celebrouse un concerto de Nadal, a cargo da agrupación herculina Albéniz e Millenium, no local social de San Vicente. O mesmo día, en Ordes, se celebrou o concerto de Nadal na casa de cultura.

Esperando a Papa Noel

Sen dúbida un dos momentos de máis ilusión para os nenos nestas datas é a chegada de Papa Noel. Mentres o esperaban moitos puideron contactar con el grazas ás novas tecnoloxías, mediante unha videoconferencia con Laponia.

Así aconteceu no telecentro de Negreira o pasado mércores e tamén no de A Estrada cos peques do colexio Lourdes como protagonistas.

Pola súa parte, un total de 161 nenos e nenas do municipio de Brión puideron falar e expresar os seus desexos a Papá Noel grazas á iniciativa conxunta dos telecentros de Brión e de Oroso. Na iniciativa participaron o CEIP de Pedrouzos; as escolas unitarias de Luaña e Os Ánxeles e a gardaría municipal e a escola unitaria de Bastavales.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion