versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Mil horas de formación no telecentro de Brión

[21/12/2010]

O telecentro de comunicación de Brión acaba de cumprir o seu primeiro ano cun balance máis que positivo. Dende a súa posta en funcionamento este servizo acolleu máis de 40 cursos formativos nos que participaron máis de 500 alumnos. Unha grande actividade formativa que fai que o telecentro brionés estea no Nivel 1 da catalogación que realiza o Centro Multimedia de Galicia, xa que ofrece máis dun millar de horas de formación ao ano.

O responsable do telecentro brionés, Antonio Casal, cualificou de moi positivo o balance xa que "estamos á altura doutros telecentros que levan funcionando varios anos e mesmo por diante doutros centros de vinas moito máis grandes ca Brión". En canto ao perfil do usuario, Casal explicou que "é moi variado pois temos clases de iniciación para nenos de 5 anos ata xente dá terceira idade".
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion