versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión terá 144 vivendas protexidas e Fomento pagará a urbanización do soar

[20/12/2010]

O convenio subscrito entre o ministerio e a Xunta obriga a que polo menos 43 pisos estean rematados no 2013. O municipio de Brión disporá a medio prazo de 144 vivendas protexidas e situadas na zona de San Fins de Brión. A execución deste proxecto foi confirmada onte durante a visita da secretaria de Estado de Vivenda, Beatriz Corredor, que asinou un convenio co conselleiro de Medio, Agustín Hernández, no que está incluída esta promoción urbanística, a primeira destas características que terá Brión.

O acordo entre administracións implica que o Estado financie o 88% do custo da urbanización dos terreos, o que suporá unha achega económica de 489.000 euros. O resto dos custos para a posta a punto de terreo, ata completar un montante de 555.000 euros, asumirao a empresa construtora, Desenvolvementos Urbanísticos Montemar.

O convenio tamén fixa prazos e establece que no ano 2013 terán que estar construídas 43 vivendas, o que supón un 30% do total dos pisos protexidos recollidos no plan.

O acordo tamén implica ao Concello brionés, que deberá colaborar coa sinatura promotora para axilizar en todo o posible a tramitación das obras e a concesión de todos os permisos urbanísticos sobre unha parcela de 7.646 metros cadrados.

O Concello destaca que o proxecto de San Fins de Brión será o primeiro de promoción de vivenda pública no municipio. Con antelación a esta obra, a Consellería de Vivenda planificara a construción de 234 pisos protexidos e de prezo taxado dentro do Plan Sectorial de Vivenda do bipartito, un proxecto que non se chegou a executar e que prevía unha inversión de case cinco millóns de euros no terreo coñecido como Vila Amalia, de máis de 55.000 metros cadrados.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion