versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión convoca o certame pictórico Novos Valores, que destina 3.500 euros a premios

[23/11/2010]

O Concello de Brión convocou a que xa é a sétima edición do certame de pintura Novos Valores un concurso dirixido a artistas de Galicia e que reserva unha partida de 3.500 euros para premios, un importe que non variou respecto ao certame do ano pasado, que se saldou con 52 obras presentadas, un número que cuadriplicou a cifra de artistas do 2008.

Este certame está organizado polo Concello brionés e conta co patrocinio da Fundación Feiraco, que financia premios de 600 e 400 euros para artistas de entre 14 e 17 anos. Para os participantes maiores de idade están reservados senllos premios de mil e 1.500 euros, unha importe que, segundo destaca a edila brionesa de Cultura Patricia Conde, «fan que ou certame sexa máis atractivo para os pintores de toda Galicia».

Prazo, en decembro

Os artistas interesados en participar poden presentar as súas obras entre o 20 de decembro e o 15 de xaneiro do ano que vén. Poderán participar nacidos ou residentes en Galicia maiores de 14 anos.

Cada autor poderá presentar unicamente unha obra pictórica orixinal, de temática e estilos libres e inédita. O Concello brionés exporá todos os cadros do 11 de febreiro ao 11 de marzo.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion