versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames e Brión destacan o seu apoio ao proxecto do Fondo Galego para a reconstrución de Haití

[18/11/2010]

Os concellos de Ames e Brión destacaron onte o seu apoio ao proxecto do Fondo Galego de Cooperación para contribuír á reconstrución de Haití tras o último furacán, que asolou a illa a principios de ano.

No caso amiense, a achega ascende a 3.810 euros. En canto a Brión, a asignación pública é de tres mil euros, pero sen que o Concello coñeza con exactitude as achegas ingresadas polos veciños e colectivos do municipio para o citado proxecto.

Entre os fondos amienses destacan os 2.310 euros correspondentes ás retribucións que lle corresponderían aos membros da corporación municipal pola súa participación no pleno do mes de xaneiro. Os 1.500 euros restantes proceden dun envío autorizado polo Concello amiense días despois da traxedia.

O proxecto de apoio a Haití inclúe medidas para fomentar a ordenación do territorio, a sostenibilidad ambiental e a formación profesional de novos do país caribeño en agroecología e construción adaptada ás características do territorio.

O diñeiro achegado por ambos os dous concellos e polos demais municipios participantes tamén permitirá a construción dun centro polivalente intermunicipal.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion