versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O cómic brionés segue acumulando galardóns

[16/11/2010]

Brais Rodríguez gañou este ano, tamén o Injuve 2010. Os debuxos de Brais Rodríguez, seguen consechando premios este ano e sitúan a este novo brionés entre os mellores e máis claros expoñentes do cómic galego dos últimos anos. Hai uns días recibía o Castelao de la Diputación e agora coñécese tamén que logrou o Injuve 2010, o premio que outorga o instituto dependente do Ministerio de Cultura e que está dotado con 3.000 euros.

Tal e como recolle a resolución publicada no boletín oficial do Estado (BOE), o obxectivo dos premios Injuve é "recompensar o traballo dos novos e as novas artistas, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, favorecer a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional". Así, os novos creadores, mediante a súa participación, "aceptan a divulgación da súa obra nas condicións que o Instituto da Xuventude puidese determinar".

Traxectoria

Nacido en 1980 en Brión Brais Rodríguez Verde, estudou o bacharel artístico e é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Malia a súa xuventude, conta xa cunha dilatada traxectoria como gañador de primeiros premios, entre os que se atopan os de certames como o GZ-Crea en 2009 e o Cangas do Morrazo en 2005.

Cofundador da publicación Carne líquida, o debuxante brionés é un dos autores fixos da revista Barsowia e o autor individual con maior volume de obra presente no tomo colectivo Barsowia en lapas, que incluíu un capítulo de temática robótica realizado por el. Tamén foi un dos nomes ineludibles do Fanzine Enfermo, e contribuíu coa revista Dos veces breve (especial underground), ao álbum colectivo H2Oil, así como coa web www.chapapote.org do Colectivo Chapapote. Historietas súas viron a luz en compilatorios do principal concurso galego de BD nos anos 1999 e 2003. Ademais, logrou recoñecementos como pintor, participando en diversos certames.

As súas alegacións antibelicistas e continuas denuncias son un referente.

Palmarés

Na súa curta traxectoria artística xa conta cun grande palmarés de premios. Cuarto premio na categoría de 18 a 22 anos do I Certame de Imaxe Artística Xuventude 2000 modalidade BD e primeiro no VII certame de Cangas 2005 coa historia Robot Orgánico. Posteriormente, gaña, de novo, o primeiro premio en Cangas 2006 coa historia Día de bosque. No concurso do Injuve, categoría cómic, levouse tamén accésit en 2006 e 2008. En 2007 logra de novo o primeiro premio en Cangas con Sigmund Freud en: O neno que non tiña mans. Ese mesmo ano se alza como gañador do Valencia Crea polo cómic El proceso.

Na categoría cultura fíxose co segundo premio do II Concurso Creacómic (2009), grazas á obra Cultura degeneradora. Ademais, recibiu varios galardóns en certames de artes plásticas. En 2009 gañou o concurso Gz Crea coa peza Os mortos. Tamén en 2009 gañou o I Certame Galego de Cómic sobre Teatro, no que se convocaban adaptacións a BD da obra Doentes, de Roberto Vidal Bolaño. Xa en 2010 gana o Injuve e co álbum A man do diaño alzouse co VI premio Castelao de la Diputación de A Coruña.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion