versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O programa Brión cultural inclúe teatro afeccionado, un curso musical e un magosto

[10/11/2010]

Os brioneses poderán gozar a partir desta fin de semana da programación que baixo o título de Brión cultural inclúe novas sesións de teatro afeccionado, a segunda edición das xornadas musicais de Santa Cecía e un magosto popular na carballeira de Santa Minia, planificado para o día 26 en colaboración do Concello coa asociación de mulleres Xuntanza.

A primeira actividade será o venres 12 coa apertura dun ciclo de teatro afeccionado que permitirá aos brioneses gozar das obras A lotaría, de Teatro Rueiro, mentres que o sábado 13 a representación correrá a cargo do grupo Escoitade, coa peza Longa vida de Martiño de Güimil. En ambos os dous casos, o horario e a localización é o mesmo: dende as 20.30 horas no centro social polivalente de Pedrouzos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion