versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O teatro afeccionado centra este mes a programación cultural do Concello de Brión

[09/11/2010]

O teatro afeccionado se ha convertirdo este mes de novembro no grande protagonista da programación cultural en Brión, municipio que ten programadas catro actuacións gratuítas. O Concello, en colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado, organizou o ciclo de teatro Fegatea Móvete, que que se desenvolverá durante os días 12 e 13 deste mes.

O centro social polivalente acollerá este mesmo venres, día 12, a actuación do grupo Rueiro, que porá en escena a obra A Lotaría. Será a partir das 20.30 horas e con entrada gratuíta. No mesmo horario, pero o sábado día 13, o grupo de teatro Escoitade, presentará a obra Longa vida a Martiño de Güimil. Esta mostra de teatro, que se celebra por primeira vez en Brión, únese ao III Ciclo de Teatro Afeccionado 'Pedra do Moucho' que reúne no local social de Ons a preto dun centenar de veciños en cada actuación. A última cita deste ciclo será o sábado 20 de novembro, xornada na que a compañía Cadelexas representará Hotelris@humor.com. A actuación, como o resto con entrada gratuíta e ás 20.30 horas.

Para a última fin de semana, os días 27 e 28, está prevista a actuación do grupo de teatro afeccionado de Brión, Trangalleiro Teatro, unha formación creada hai dous anos e que está integrada por unha ducia de veciños e veciñas, a maioría deles maiores de 55 anos. Este ano estrearán Os cravos de prata, de Nicolás Bela, a primeira obra de longa duración que representan.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion