versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno de Brión ratifica sen fisuras o seu apoio á planta de reciclaxe de Servia

[05/11/2010]

O alcalde recorda que o municipio sempre pagou ao día as facturas polo servizo de recollida do lixo. A corporación brionesa aprobou onte por unanimidade o texto presentado polos representantes dos traballadores da planta de compostaxe de Servia (Lousame) en defensa do sistema de reciclaxe que practican e co compromiso de que os concellos que trasladan á planta o seu lixo sigan facéndoo e pagando as súas cotas dentro dos prazos.

Precisamente, as débedas de varios municipios, unidas a un fallo xudicial que cuestiona a situación da planta porque está demasiado preto dunha polvoreira, manteñen en jaque a continuidade deste centro de tratamento malia que o volume de residuos que recicla o converteu nunha instalación modélica en todo o Estado.

O texto da moción foi o mesmo que o presentado noutros municipios, pero co único matiz de que Brión non se compromete a aceptar as retencións da Xunta con cargo ao Fondo de Cooperación Local para reducir as súas débedas, senón que, dado que Brión sempre estivo ao día nos pagamentos, simplemente ratificou a súa intención de seguir como ata agora.

O grupo popular presentou unha emenda ao texto debatido, pero o alcalde recordou que no pleno anterior se retirara unha moción do BNG sobre o mesmo asunto á espera de debater o texto formulado polos traballadores. Ante esta circunstancia, o Partido Popular anunciou o seu voto a favor «por responsabilidade institucional», unha decisión que agradeceu o rexedor brionés.

Comisión en Ames

De forma paralela, os voceiros das tres forzas políticas de Ames manterán a partir da unha de tarde de hoxe unha reunión previa ao pleno extraordinario que está previsto que se celebre para pronunciarse sobre a viabilidade da planta de Lousame, un servizo ao que o Concello de Ames desexa seguir adherido, debendo para iso poñerse ao día das cotas que debe. O pleno non se pronunciou sobre este asunto na súa última reunión por falta de tempo.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion