versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A folga de Servia non se fará efectiva este luns

[05/11/2010]

O comité de empresa espera o resultado da reunión de Serra do Barbanza con FCC. Non haberá folga na recollida de lixos dos municipios usuarios da ecoplanta Serra do Barbanza este luns. Así o confirmaba onte a presidenta do comité de empresa de Servia, a planta de tratamento de residuos de Lousame, Mariví Fabeiro tras a reunión cos Concellos impulsores desta infraestrutura, a mancomunidade Serra do Barbanza.

Aínda que matiza que "trasladaron boas promesas, pero nada en concreto", Fabeiro dará aos Concellos unha marxe de manobra e esperará á reunión destes con FCC da que podería saír un acordo definitivo de continuidade que solucionaría a problemática da planta. "A folga mantense, pero non se efectivizará, á espera, ademais, de que os plenos apoien a moción de compromiso coa viabilidade económica de Servia", concluíu.

CRÍTICAS EN LOUSAME.Por a súa parte, o Concello de Lousame convocou para hoxe, ás 12.00 horas, o pleno extraordinario no que se debaterá a moción institucional de apoio a Servia e á mancomunidade Serra do Barbanza. Tanto o PSOE como o BNG criticaron a hora á que o alcalde, o popular Santiago Freire, convocou a sesión. Aseguran que desta forma se evitará que a xente poida acudir ao pleno municipal.

Os dous voceiros da oposición, Ana Domínguez (PSOE), e José Manuel Rial (BNG), ofreceron onte unha roda de prensa conxunta para expresar a súa "desconformidade". Así mesmo, tamén criticaron que a semana pasada o alcalde convocase unha reunión para afiliados e simpatizantes do PP para comentarlles a situación da mancomunidade Serra do Barbanza e que esta non fose aberta a todos os veciños.

Apoio unánime en Brión

A Corporación de Brión deu onte o seu apoio unánime á moción presentada polos traballadores da planta de Lousame, a excepción do punto no que se insta á Xunta a realizar as retencións necesarios do Fondo de Cooperación Local, "xa que ou Concello de Brión non debe nada e, polo tanto, non podemos pedir que nos reteña nada", argumentou o alcalde, Xosé Luís García. O acordo foi aprobado en sesión extraordinaria e nesta os tres partidos con presenza no Concello (PSOE, BNG e PP) comprométense co sistema de recollida, tratamento e xestión de residuos sólidos urbanos de Lousame, garanten a súa participación neste e rexeitan optar por outro modelo.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion