O teatro copa a programación cultural este mes en Brión
[04/11/2010]
O Concello, en colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado, organizou o ciclo Fegatea Móvete' que se desenvolverá os próximos días 12 e 13. O centro social polivalente acollerá o venres 12 a actuación de Teatro Rueiro, que representará a obra 'A lotaría''. O 13 actuará Escoitade, que presentará 'Longa vida a Martiño de Güimil'. Ambas as dúas serán ás 20,30 horas e gratuítas.
Enlace a El Correo Gallego