versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os pais de Brión esixen docentes

[27/10/2010]

O Anpa do instituto inicia unha campaña de protestas para que a Xunta manteña o número de profesores do curso pasado, que tivo menos alumnos que este ano. A apertura do instituto de secundaria e bacharelato de Pedrouzos, en Brión, foi un parto certamente difícil e que solo viu a luz tras anos de intensas campañas reivindicativas de toda a comunidade educativa e das esixencias do Concello.

Tres cursos despois, o centro volve estar de actualidade polos recortes que sufriu o cadro docente, coa perda de tres profesores e unha pedagoga terapéutica. Esta redución traduciuse en que en varios cursos de secundaria, malia o constante incremento de alumnos, estes se agruparon en dúas clases e non en tres, como acontecía o ano pasado.

A diminución do cadro docente a trinta persoas motivou, segundo denuncia o colectivo de pais e a propia dirección do centro, que o proxecto educativo do IES brionés se converta en papel mollado, porque, entre outros programas, afecta ao desenvolvemento do plan Avalar para a integración das novas tecnoloxías nas aulas. Tamén incide no programa de bilingüismo, que permitía que algunhas clases de educación física se impartisen en inglés. E prexudica de forma significativa aos alumnos con necesidades especiais, que á falta de atención pedagóxica se engade o feito de que están en clases con máis alumnos, o que agrava as súas dificultades.

Todas estas causas motivaron onte a que se anunciou como primeira manifestación de protesta organizada pola asociación de pais de alumnos do centro e apoiada polo mesmo colectivo de escolares de primaria.

A protesta xurdiu ante o silencio de Educación. O seguinte paso será organizar unha asemblea informativa con representantes de todos os partidos políticos implantados no municipio para explicarlles o que está a acontecer e para facer fronte común para que a Xunta cambie de criterio. «Sabemos que hai crise, pero nos só pedimos que ou centro continúe como ata ou de agora», exclaman os pais.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion