versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Anpa do instituto de Brión sae á rúa para reclamar máis profesorado para o centro

[26/10/2010]

A Asociación de Nais e Pais de alumnos do instituto de secundaria e bacharelato de Brión inicia hoxe unha campaña de mobilizacións para reclamar á Consellería de Educación que reforce o cadro docente do instituto para garantir que os alumnos reciban unha educación digna e de calidade.

Nestes momentos, segundo detallan os pais, o instituto dispón de trinta profesores, fronte aos 38 solicitados polo centro para o curso actual. O número de docentes é inferior en tres persoas ao que existía o curso pasado, sendo dous deles profesores e o terceiro posto desaparecido o dunha pedagoga terapéutica que traballaba a media xornada, correspondéndolle a outra media ao instituto de Ames.

O recorte de profesorado obrigou, segundo o colectivo de pais, a reducir de tres a dous o número de aulas por curso, o que provoca maior saturación nas clases. O Anpa do IES conta co apoio da asociación de pais do colexio brionés que hoxe participa na protesta, convocada ás 10 horas fronte ao instituto.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion