versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

É unha motivación moi forte para seguir no cómic | entrevista | brais rodríguez verde | Autor de cómics

[26/10/2010]

A noticia do premio colleu este autor boirense coa saúde algo tocada. Pero a pesar da indisposición non podía Brais Rodríguez ocultar a súa satisfacción: «¡ Isto é un orgullo e unha alegría tremenda!», exclama dende a súa reclusión na súa casa en A Coruña.

-¿Que supón para un autor un premio como este?

-Ademais da satisfacción persoal, dende o punto de vista do traballo, do día a día, é unha motivación moi forte para seguir no cómic.

-na lectura do fallo, o presidente do xurado, Miguelanxo Prado, enmarcou o seu estilo na nova historieta europea.

-Ten a súa lóxica. Teño moitas referencias, e dende logo entre elas está o cómic francés dos últimos anos. Pero tamén o español, por exemplo.

-¿Por que presentou un traballo en branco e negro?

-Realmente adoito traballar en branco e negro. Pero é que, ademais, non me daba tempo a moito máis porque se me remataba o prazo de presentación. Por outro lado, foi concibido así dende o principio... Aínda que pode que lle quedase ben a cor...

-Comezou a súa carreira en fanzines. ¿Faltan editoriais en Galicia?

-Hainas, e están a apostar forte polo talento de aquí. Outra cousa é que non apostaran ata agora pola obra de xente como eu á hora de publicar. Funme movendo sempre entre historias curtas, e iso ten máis cabida en fanzines, revistas e cousas así. Pero unha vez que te pos coa historia longa, xa a intentas mover máis, mándala a concursos...

-pero o dos fanzines ¿pode restar profesionalidade ao sector?

-Non creo. Mira os casos de Emma Ríos ou de David Rubín. Empezaron publicando como eu, e seguen facéndoo no Barsowia, por exemplo. Pero, ao mesmo tempo, unha está a traballar para Marvel, e o outro con proxectos que se editan en Europa. A miúdo obedece a unha mera cuestión persoal, porque nos fanzines tes máis liberdade creativa.

-Citou dous autores galegos que deron o salto a mercados internacionais, e non son os únicos. ¿Que está a pasar co cómic en Galicia?

-Realmente, antes xa había xente facendo cousas magníficas. Mira Miguelanxo Prado ou Víctor Rivas. Pero si que é certo que de cinco anos ata agora foi aparecendo moita xente e de moita calidade. Aínda que creo que aínda hai que esperar para que todo isto tome forma.

-¿De que depende?, ¿de apoios institucionais?

-Home, iso sempre está ben. Pero en realidade son os autores os que deben moverse. De tódolos xeitos, claro que hai diferencia entre chegar á casa tras unha xornada laboral e poñer a debuxar que dispoñer de todo o día para iso.

-Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo. De alí saíron xa uns cantos autores.

-É que alí coincidín con xente de Barsowia e desta xeración da que falabamos. Estiven con Diego Blanco, Alberto Vázquez... Foi unha casualidade que todos coincidísemos no mesmo curso, e de aí saíu unha relación moi boa. Creo que esta coincidencia é algo que me influíu definitivamente para que apostase por facer cómics.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion