versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Retoman a variante de Os Ánxeles tras o parón propiciado pola presenza das canalizacións do gas

[26/10/2010]

A consellería de Infraestruturas acaba de retomar as obras para construír unha variante a Os Ánxeles, que parte da rotonda inferior da autovía AG-56 e chega ata Soigrexa, salvando as curvas e a estreita calzada que existen ao pasar o hotel Rosalía. O motivo do parón -as actuacións terían que rematar en xullo deste ano- foi o encontronazo coas canalizacións do gas, que obrigaron a refacer o proxecto.

Desta forma, dende o Concello de Brión confirman a noticia tras poñerse en contacto coa Xunta e a sinatura contratista das obras. Así, recordan que se trata da variante da estrada A Picaraña-Os Ánxeles (AC-300), dende a que se pode acceder á rotonda de acceso á autovía Santiago-Brión (AG-56). Este vial permitirá sacar tráfico dun punto complicado, como é o ámbito da igrexa de Os Ánxeles (onde mesmo hai un estreitamento á altura de Casa Rosalía) e mellorará o acceso á autovía dos veciños de Bastavales.

Dende 2008

As obras foron licitadas en outubro de 2008 por 1,41 millóns de euros. A estrada terá 1,4 km de lonxitude e unha plataforma de oito metros de ancho, constituída por dous carrís de 3,5 metros e dúas beiravías de dous metros. O vial cruxa a AC543 para desembocar en Soigrexa, e evitará o colapso que supoñía -sobre todo para o abundante tráfico pesado-, a antigüidade e dimensionamento local da antiga estrada que leva ata Padrón.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion