versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión aproba as obras do POS-2011 e a suba de taxas

[26/10/2010]

O pleno acordou, por unanimidade, aplicar un incremento do 1,8% aos impostos que cobra aos veciños por saneamento e depuración. As taxas dos servizos básicos, saneamento e depuración de augas, subirán un 1,8 por cento en Brión o próximo ano. Este foi un dos temas abordados a semana pasada nun pleno ordinario no que se aprobaron, tamén, as obras a relizar co POS-2011 e no que a Corporación estreaba o salón plenario da nova casa consistorial e daba nome á zona que o acolle: Praza do Concello.

Durante a sesión e por unanimidade dos tres grupos (PSOE, PP e BNG), a modificación destas taxas que se incrementan de acordo co Índice de Prezos ao Consumo (IPC) correspondente ao período abranguido entre agosto de 2009 e o mesmo mes de 2010. O pleno tamén foi unánime á hora de dar o visto bo ás obras que se incluirán no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) 2011 que conta cunha dotación de 240.000 euros e inclúe proposta da alcaldía entre outras, o asfaltado de pistas e reparación de beirarrúas en Bastavales, traballos aos que se destinan 125.000 euros.

Así mesmo, na sesión rexeitáronse dúas mocións presentadas polo grupo do PP para adaptar o PXOM á Lei do Só e á Lei de Protección de Datos. No primeiro caso, o alcalde, Xosé Luís García, deu conta dun informe do Colexio de Arquitectos de Galicia que conclúe que adaptar o PXOM brionés á Lei 2/2010 "sería moito máis restritivo para os concellos".
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion