A ANPA do IES de Brión retoma a protesta polo recorte de profesores
[26/10/2010]
Cunha manifestación, que terá lugar ás 10.00 horas de hoxe na entrada do recinto escolar, os pais e nais de alumnos do instituto de Ensino Secundario (IES) de Brión retoman as protestas iniciadas a finais de setembro en contra da redución do profesorada aplicada pola Consellería de Educación neste centro educativo.
Nunha nota a asemblea de pais e nais de alumnos do centro denuncian a falta de resposta por parte da Consellería de Educación á solicitude de reunión cursada polo Anpa o pasado 24 de setembro para abordar co titular deste departamento, Xesus Vázquez, a deterioración que, ao seu xuízo, provoca o recorte do profesorado na calidade do ensino dos alumnos.
Baixo o lema Pola calidade do ensino ¡ Profesores xa¡, a concentración de hoxe será a primeira das mobilizacións que pensan poñer en marcha ao longo das próximas semanas "encamiñadas a facer chegar a toda a sociedade galega a situación de desamparo na que se atopan vos nos vos fillos", afirma a Anpa.
Enlace a El Correo Gallego