versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión estrea o salón de plenos cun acordo unánime sobre as obras executadas con cargo ao POS

[21/10/2010]

A corporación brionesa estreou onte a última planta da nova casa consistorial co primeiro debate plenario celebrado no inmoble. Precisamente un dos acordos alcanzados por unanimidade, como a maioría dos incluídos na orde do día, foi o de bautizar como praza do Concello o espazo público que limita co edificio, que pasará a ter o primeiro número desta. Tamén por unanimidade e cun maior calado político, o pleno referendou o listado de obras que Brión financiará coas achegas que lle corresponden dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) que xestiona a Deputación.

A partida económica ascende a 125.000 euros, un importe destinado ao asfaltado de pistas e a remodelación e reparación de beirarrúas en Bastavales. Xa na quenda de mocións, e sen saír do ámbito das infraestruturas, o PP conseguiu o acordo dos demais partidos para instar á Xunta a que financie beirarrúas ou un tramo de senda peonil para mellorar a seguridade na estrada que une Cans e Soutullos. O PP pospuxo un acordo para reclamar outras melloras.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion