versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión aplicará unha suba do 1,8 por cento ás taxas que cobra por servizos básicos

[21/10/2010]

O pleno aproba as obras do POST-2011 e rexeita unha moción para adaptar o PXOM á Lei do Só. As taxas dos servizos básicos, saneamento e depuración de augas, subirán un 1,8 por cento en Brión o próximo ano. O pleno municipal aprobou onte, por unanimidade dos tres grupos (PSOE, PP e BNG), a modificación destas taxas que se incrementan de acordo co Índice de Prezos ao Consumo (IPC) correspondente ao período comprendido entre agosto de 2009 e o mesmo mes de 2010.

O pleno ordinario de outubro, no que a Corporación brionesa estreaba o salón da nova casa consistorial, tamén foi unánime á hora de dar o visto bo ás obras que se incluirán no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POST) 2011 que conta cunha dotación de 240.000 euros e inclúe proposta da alcaldía entre outras, o asfaltado de pistas e reparación de beirarrúas en Bastavales, traballos aos que se destinan 125.000 euros.

Así mesmo, na sesión rexeitáronse dúas mocións do PP para adaptar o PXOM á Lei do Só e á Lei de Protección de Datos. No primeiro caso, o alcalde, Xosé Luís García, deu conta dun informe do Colexio de Arquitectos de Galicia que conclúe que adaptar o PXOM brionés á Lei 2/2010 "sería moito máis restritivo para os concellos". Por a contra, aprobouse unha moción dos populares para pedir á Xunta a construción de beirarrúas ou senllas peonís que incrementen a seguridade viaria na estrada que une Pérros (Os Ánxeles) con Soutullos (Bastavales).
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion