versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Retoman a variante de Os Ánxeles que se parou ao topar coa liña do gas

[21/10/2010]

A gran canalización obrigou os técnicos a elaborar un novo proxecto e aprobalo. A maquinaria pesada volve traballar a bo ritmo para completar a variante de Os Ánxeles, un vial de 1,4 quilómetros que uniría a rotonda inferior da autovía brionesa coa zona de Soigrexa. En canto á xustificación do parón -a obra, que suma 1,4 millóns, tiña prazo de finalización en xullo deste ano-, dende o Concello afirman que a Xunta advertiu a presenza dunha canalización de gas que ocupaba grande parte do terreo.

Deste forma, dende a Consellería de Infraestruturas e a propia contratista confirmaban ao rexedor a necesidade de elaborar un novo proxecto e, posteriormente, aprobalo para poder seguir obrando. O vial que está en marcha é a variante da estrada A Picaraña-Os Ánxeles (AC-300), dende a que se pode acceder á rotonda de acceso á autovía Santiago-Brión (AG-56). Este vial permitirá sacar tráfico dun punto complicado, como é o ámbito da igrexa de Os Ánxeles (onde mesmo hai un estreitamento á altura de Casa Rosalía) e mellorará o acceso á autovía dos veciños de Bastavales. As obras foron licitadas en 2008, e inclúen unha plataforma de oito metros de ancho con beiraruas.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion