versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión destina 125.000 € a asfaltar pistas e arranxar as beirarrúas de Bastavales

[20/10/2010]

A Corporación, que hoxe estrea salón plenario, aprobará as obras do POST-2011. O Concello de Brión destinará 125.000 euros ao asfaltado de pistas e a mellora de beirarrúas na parroquia de Bastavales. Os traballos serán financiados con cargo ao Plan de Cooperación de Obras e Servizos de Competencia Municipal 2011, que convoca a Deputación provincial de A Coruña, e o presuposto da cal, no caso de Brión ascende a máis de 240.000 euros. Estes proxectos constan na proposta que a alcaldía realizará hoxe ao pleno municipal, que se celebrará no salón da nova casa consistorial.

Del total da inversión prevista en Bastavales, 116.043 euros serán financiados pola Deputación e os 8.956 restantes polo Concello. Hai que indicar que con esta obra se dará continuidade aos traballos iniciados co POST-2010, a través do cal se destinan 32.500 euros á mellora e reparación de beirarrúas en distintas parroquias de Brión.

O pleno abordará, ademais, a modificación das ordenanzas das taxas de saneamento e subministración de auga e aprobará dar o nome de Praza do Concello á zona en que se sitúa a nova casa do concello.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion