versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Sacan a concurso as obras da travesía de Vilar de Brión

[19/10/2010]

A Deputación de A Coruña sacou a semana pasada a concurso as obras na travesía de Vilar, no municipio de Brión, uns traballos que deberán executarse nun prazo máximo de doce meses e que saen a licitación cun presuposto inicial de 626.775 euros (IVE incluído). A obra abrangue o tramo entre os puntos quilométricos 5,800 e 6,470 das estradas provinciais 1031 (A Gándara-A Amencida) e a 1302 (Negreira-Urdilde).

Segundo consta na orde publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as obras deberanse executar nun prazo máximo de doce meses, a contar dende a sinatura do contrato, e consistirán na dotación de beirarrúas, iluminación pública e canalización de servizos nos 804 metros de actuación. As obras incluirán unha actuación ao longo de 650 metros da CP 1301 e outros 154 metros da CP 1302, xusto na intersección de ambas as dúas vías. Nos 804 metros de obra está proxectada unha travesía de dous tramos, cun ancho total de 8 metros.

O alcalde de Brión, Xosé Luis García, mostrouse "moi satisfeito" xa que se trata, dixo, dunha obra "demandada polos nos vos veciños durante moito tempo".
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion