versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Emerxencias de Brión superou as vinte intervencións ao mes

[16/10/2010]

O Servizo de Emerxencias de Brión (Sebri), computou máis dunha vintena de intervencións no último mes dentro do seu ámbito de actuación preferente, os municipios de Brión, Ames, Rois e Teo, aínda que en función das necesidades do servizo se trasladan a concellos próximos.

O groso de intervencións que prestou o Sebri dende a súa base brionesa refírese a unha ducia de accidentes de tráfico. En tres destas intervencións, os membros do grupo de emerxencias atopáronse con persoas atrapadas en vehículos, sendo necesario practicar excarceracións.

Durante o último mes, a actividade deste servizo de emerxencias brionés tivo unha especial atención no caso de incendios urbanos, atendendo a un total de nove alertas, incluíndo a extinción de varios lumes en colectores de lixo, ademais de problemas nun poste de corrente eléctrica, segundo informou o propio servizo.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion