versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión abre as portas á curiosidade cidadá

[10/10/2010]

O Concello de Brión inaugura hoxe, cunha xornada de portas abertas, a nova sede consistorial, que se asenta na coñecida como Casa do Picón, no número 79 da avenida de Santa Minia, en Pedrouzos. O acto oficial de inauguración está previsto para as 12.00 horas e contará coa participación do alcalde, Xosé Luís García; o director xeral de Administración Local dá Xunta, José Norberto Uzal; o presidente da Deputación provincial, Salvador Fernández Moreda, e outros alcaldes da bisbarra.

A nova sede consistorial, que entrará en funcionamento a principios de 2011, aséntase nun edificio que foi rehabilitado por completo e supuxo unha inversión de 940.000 euros. As obras permitiron transformar a antiga Casa do Picón nun moderno, amplo e funcional edificio, adaptado ás novas tecnoloxías e libre de barreiras arquitectónicas. O recinto conta cunha praza e colectores subterráneos de recollida selectiva de lixo.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion