versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os veciños do lado, actores

[08/10/2010]

A asociación cultural Pedra do Moucho de Brión emprende mañá a terceira edición do seu ciclo de teatro afeccionado. Son os veciños do lado, que cambiaron de pel para ser outros e vivir outras vidas. É unha actuación, unha representación, unha arte escénica que representa historias fronte a unha audiencia utilizando discurso, xestos, escenografía, música, son e espectáculo. Unha fábrica de sonos.

A asociación cultural Pedra do Moucho de Ons (Brión) recupera mañá a terceira edición do seu ciclo de teatro afeccionado coas compañías Teatro Badius, Ullán Teatro e Candalexas, tres representacións que se escenificarán no teleclub de Ons e a entrada das cales é totalmente gratuíta.

O ciclo empeza mañá mesmo coa representación da comedia Bancagare: sucursal número 13 de Teatro Badius (20.30 horas), unha compañía de Baio (Zas) que ofrecerá aos veciños unha simpática comedia cunha liña argumental baseada na famosa obra levada ao cinema, Atraco ás tres.

Os actores encarnarán os empregados dunha sucursal galega de Bancagare (Banca Galega reunificada), que ven alterada a súa rutina laboral coa xubilación do director, circunstancia que aproveitan para atracar a sucursal co fin de que o banco lles devolva todo o que lles sacou ao longo dos seus anos de traballo. O lema é ilustrativo: Algúns bancos cansan de roubar, Bancagare é incansable! Como na vida mesma, aínda que todo parecido coa realidade é só mera coincidencia.

A segunda representación será o sábado seguinte, día 23, con Ullán Teatro (Xuízo non bosque ou soñar non custa nada) e o 20 de novembro tocaralle a quenda a Candelexas (Hotelris@humor.com). En todos os casos ás 20.30 horas en Ons.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion