versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión estrea a súa sexta casa do concello en 140 anos de historia

[06/10/2010]

A Casa do Picón abrirá as súas portas ao debate político e veciñal o próximo día 11. A Casa do Picón, un edificio rehabilitado que se atopa no número 79 da avenida de Santa Minia, en Pedrouzos, será dende o sábado a nova sede de debate político e reclamación veciñal de Brión. Ese edificio, nas obras do cal se inverteron 940.000 euros para darlle máis amplitude e funcionalidade, adaptalo ás novas tecnoloxías e deixalo libre de barreiras arquitectónicas, sera a nova sede do Concello brionés, a sexta nos seus 140 anos de historia.

Os veciños e veciñas de Brión terán a oportunidade de coñecer a nova casa consistorial nunha xornada de portas abertas que o Concello de Brión organizou para o sábado, día 9, unha inauguración que se adianta varios meses á apertura da nova casa consistorial, que está prevista para o próximo día 11 de outubro.

A nova instalación, totalmente remodelada, contará no seu exterior cunha nova praza de 825 metros cadrados construída grazas a unha achega da Deputación provincial de 94.500 euros. Ademais, a casa consistorial conta con nova iluminación publico e colectores de recollida selectiva de lixo cos que os responsables municipais pretenden facilitar a reciclaxe aos habitantes de Pedrouzos.

Historia. A Casa do Picón será a sexta sede do Concello de Brión nos seus 140 anos de Historia. Segundo relata na revista municipal Altamira Luciano Pena, cando se crearon os concellos, mediante o Real Decreto do 15 de xuño de 1836, Brión carecía dun edificio propio no que instalar as súas oficinas e despachos municipais e durante 90 anos se estiveron a alugar locais.

Nun principio estivo en Moutello, entre Riazoas e Pedrouzos. Unha acta do Concello, de 1844, dá conta dunha reclamación da propietaria, Luisa Santiso, para que se lle pagase o aluguer da "sala capitular". Anos máis tarde, en 1948, o dicionario de Pascual M adoz, sinala o lugar de Riazoas como "residencia do concello". Estes dous datos induciron o historiador Clodio González ao erro de crer que eran dous edificios difeferentes, un en Moutello e outro en Riazoas, cando realmente se trataba deste. Así, a casa do concello brionés permaneceu en Moutello trinta anos, ata que se trasladou a outro local alugado en Pedrouzos, onde hoxe está o bar Altamira.

Xa no século XX, nos anos 20, Brión viviu un dos períodos máis prósperos da súa historia, fundamentalmente grazas ao incremento dos prezos agrícolas, ao florecemento da súa feira e ás remesas que enviaban os emigrantes americanos, sobre todo dende La Habana. Unhas circunstancias que fixeron que en 1927 o indiano Vicente Ramos cedese ao Concello o alprende da carballeira de Santa Minia. Alí construíuse o xulgado e a primeira sede das dependencias municipais, inauguradas no ano 1929. Un edificio que alberga hoxe a casa de cultura.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion