versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Geralavicius e Paula Mayobre gañaron a Pedestre dá Amaía

[05/10/2010]

A XXVIII edición repartiu máis de 1.000 euros en premios. Óscar Vidal Caamaño e María García Rieiro, mellores corredores de Brión. O corredor lituano afincado en Santiago Robertas Geralavicius proclamouse campión da XXVIII Carreira Pedestre dá Amaía, de 7 quilómetros de percorrido. Completaron o podio masculino Rafael Fuentes e Akka Essaadaoui. En canto á clasifcación feminina absoluta, a vitoria foi para a atleta Paula Mayobre, de Ares, seguida por María Jesús Gestido e por Esther Navarrete.

Os tres primeiros clasificados da proba absoluta recibiron premios de 200, 170 e 150 euros, respectivamente, tanto na categoría masculina como feminina ademais de trofeo. A carreira tamén distinguiu os mellores corredores do concello: Óscar Vidal e María García Rieiro.

Na proba infantil (A e B) o percorrido foi de 500 metros; o resto de categorías sete quilómetros. Outros gañadores: categoría A (7 a 9 anos) Leonardo Guazzone e Esther Blanco. Categoría B (10 a 12 ): Marcos Rosende e Carmen Martínez. Xavier Legazpi (13 a 15); Adán García (16 a 20); José M. Vieito (21 a 27); Juan P. Fernández (28 a 35); Ramón Folgar (36 a 44); José L. Bouza (45 a 54); Manuel Monteagudo (maiores 54). Laura Rosende (mulleres 13 a 15 anos); María García (16 a 25); Raquel Suárez (26 a 40); Isabel Saez (maiores 40).
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion