versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Entra en servizo o novo corredor que achegará Brión a Martelo en tan só dez minutos

[05/10/2010]

Os automobilistas poderán percorrer o treito entre a autovía de Brión e a localidade de Martelo en apenas 10 minutos, coa apertura de 9,3 quilómetros de corredor a ría de Muros e Noia. Así, está previsto que hoxe pola tarde acuda o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a inaugurala.

O trazado do corredor completarase a principios do próximo ano con outros 8,9 quilómetros. E co espazo necesario xa reservado para que nun futuro (pendente dos recortes presupostarios) se poida unir Compostela coa costa grazas a unha grande autovía. A licitación do novo vial que se inaugura tiña lugar en agosto de 2007 co Bipartito e agora chega ao remate de obras coa nova Xunta popular. En canto ao seu desdobramento en autovía, dende un primeiro momento subliñouse que non era unha actuación prioritaria, debido a que o tráfico non alcanza os 10.000 vehículos por xornada. Non obstante, o certo é que en momentos puntuais, sobre todo en época estival para alcanzar as praias, a afluencia de vehículos que empregan a vella AC-543 dispárase ata colapsar a entrada a Noia.

O corredor, que desembocará en Ponte Ceilán, conectarase coa península do Barbanza cun grande viaduto sobre a ría que, precisamente, servirá para salvar as estreitas travesías noiesas. E, a teor dos últimos anuncios realizados polo propio conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, os condutores poderán alcanzar Taramancos a finais de 2012, pendentes dos permisos de Monclóa.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion