versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

De Brión a Martelo en menos de 10 minutos dende mañá

[04/10/2010]

O novo corredor permitirá evitar núcleos como Urdilde e as súas curvas en suba. A principios de 2011 alcanzará Ceilán. A partir de mañá xa non haberá que facer filigranas ao volante para salvar as curvas de Macedos. Tampouco se persignar para non dar cun radar móbil nos tramos limitados a 50 e 70 quilómetros por hora de Urdilde, Codeso ou Martelo.

E, enriba, poderase salvar o treito entre Gundín (Brión) e O Martelo (Rois) en ao redor de dez minutos, grazas á entrada en servizo do novo tramo de corredor entre Gundín e o límite con Lousame.

Desta forma, está previsto que o presidente da Xunta se encargue de inaugurar os 9,3 quilómetros de nova estrada entre a autovía de Santiago a Brión e a baixada cara ás praias de Santiago, na ría de Muros e Noia, un traxecto que se completará a principios do próximo ano con outros 8,9 quilómetros. E co espazo necesario xa reservado para que nun futuro -que só depende dos recortes presupostarios- se poida unir Compostela coa costa grazas a unha grande autovía.

A licitación deste novo vial tiña lugar en agosto de 2007 co Bipartito e agora chega ao remate de obras coa nova Xunta popular. En canto ao seu desdobramento en autovía, todo parece indicar que esta obra podería sufrir atrasos, debido a que o tráfico non alcanza os 10.000 vehículos por xornada.

Non obstante, o certo é que en momentos puntuais -sobre todo en época estival, para alcanzar as praias- a afluencia de vehículos que empregan a vella AC-543 dispárase ata colapsar a entrada a Noia.

Sexa como sexa, o que si está asegurado é que o devandito corredor, que desembocará nas proximidades de Ponte Ceilán, se conectará coa península do Barbanza cun grande viaduto sobre a ría que, precisamente, servirá para salvar as estreitas travesías noiesas. E, a teor dos últimos anuncios realizados polo propio conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, os condutores poderán alcanzar Taramancos a finais de 2012. A pelota, ao respecto, está tamén no tellado do Ministerio de Medio, encargado de renovar o permiso para construír a mencionada ponte.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion