versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As obras para unir o corredor noiés coa autovía a Santiago obrigan a cortar o tráfico

[26/09/2010]

A Xunta anunciou onte que o martes vai iniciar as obras para rematar a conexión entre o corredor que vai dende Brión a Noia e a autovía que leva á capital compostelana. Dado que ten que facer labores de aglomeración, a consellería vai efectuar un corte de tráfico, que durará dende o martes ás oito da mañá ata o mediodía do venres 1 de outubro. Esta incidencia comunicaráselle debidamente á Dirección Xeral de Tráfico.

Cando se efectue o corte, os condutores que circulen pola autovía en sentido a Noia deberán abandonala no enlace de Brión e, nese punto, tomar a estrada AC-543 cara á vila noiesa. No caso contrario -os condutores que van cara a Santiago- o corte estará na intersección de Gundín, onde collerán a AC-543 ata o enlace situado na zona de Brión.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion