versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión habilita 10 párkings gratis con 5.000 prazas para as festas de Santa Minia

[25/09/2010]

Co fin de garantir a seguridade e comodidade dos miles de persoas que visitan Brión esta fin de semana con motivo das festas de Santa Minia, o Concello habilitou dez zonas de aparcamento gratuíto con capacidade para 5.000 vehículos. Dende protección civil aconsellan os visitantes que deixen os seus coches nos devanditos aparcamentos e camiñen ata a capela.

A avenida Santa Minia permanecerá cortada ao tráfico ao longo do día de hoxe e de mañá. Un corte xustificado polos máis de douscentos postos de venda que ocupan ambas as dúas marxes da avenida entre o Centro Polivalente e a capela de Santa Minia. Os residentes na zona contan xa cun pase especial para acceder aos seus fogares. A intención do Concello é desviar o tráfico por Lamiño, onde estarán habilitadas as maiores áreas de aparcamento.

Aínda que o día grande é mañá, a programación para a xornada de hoxe tamén é moi completa: charanga, baile tradicional, banda de gaitas e actuación da banda municipal pola mañá. Pola tarde, representación de monicreques e Labadabadú Festicultores. A xornada festiva rematará a media noite, cando terá lugar a grande tiraxe de lumes de artificio e a tradicional queima da fachada de Santa Minia.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion