versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Educación non variará a cota do IES brionés

[28/09/2010]

O ANPA abre cunha concentración no centro o calendario de protestas contra o recorte do profesorado. Acondicionamento para os os centros educativos de Negreira e novas pistas deportivas nos melidenses.

Baixo o lema Profesores xa, decenas de pais e nais de alumnos do instituto de Brión concentráronse a semana pasada fronte á entrada do centro para protestar contra o recorte de profesorado decretado pola Consellería de Educación, que concedeu 30 dos 33 docentes que solicitaban, unha cota que o departamento autonómico considera "suficiente" e que non está previsto modificar. A do pasado venres foi a primeira das accións de protesta que pensan levar a cabo contra unha medida que consideran que deteriora a calidade do ensino e rompe o proxecto educativo que estaba a desenvolver o IES.

Durante a concentración, o presidente do ANPA, Dámaso Rodríguez, procedeu á lectura da carta na que solicitan unha reunión co conselleiro, Jesús Vázque e, en caso de non atender a súa demanda, aseguraron estar dispostos, mesmo, a paralizar as clases. "Están loitando polo futuro educativo e profesional dous nos vos fillos e non imos renunciar a unha ensinanza de calidade", explicou Damaso Rodríguez. Na protesta, o ANPA do IES de Brión contou co apoio do alcalde, o socialista José Luis García, membros do seu equipo de goberno e o protavoz do BNG, Xesús Pena.

Pola súa banda, en Negreira comezaban a pasada semana as obras de adecuación do tellado do seu instituto, para evitar que un inverno máis as goteiras sigan campando aos seus anchas. Ademais, tamén revisarán a fachada, onde se produciron desprendementos. A comunidade educativa nicrariense levaba anos demandado estas reparacións. Pola súa banda, o colexio da capital barcalesa abría cun día de atraso pola finalización das resinaturas. Así, se melloraron os aseos grazas a unha inversión municipal de 30.000 euros.

Pola súa parte, e en Melide, os alumnos dos colexios nº1 e Martagona de Melide comezaron este curso escolar coa estrea de tres pistas deportivas. No primeiro dos centros educativos, acometeuse a reforma das infraestruturas xa existentes, mentres que no segundo se creou unha nova. Estes traballos foron posibles a través dun dos proxectos incluídos no Plan E 2010, o presuposto das cales superaba os 80.000 euros.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion