versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Devoción milagreira en Brión e Trazo

[28/09/2010]

Santa Minia volveu bater marca e as festas atraeron en tres días a 45.000 romeiros, segundo a organización. O final do verán deixou no calendario festivo aínda algunhas festividades que congregaron a un grande número de devotos.

É o caso da celebración da romaxe de Santa Minia, na carballeira de Brión, as festas que se celebraron entre o sábado e o luns, superaron con creces todas as previsións e reuniron a máis de 45.000 romeiros chegados de toda Galicia, segundo o balance feito público pola organización. Onte, día de Santa Minia, o santuario da a santa recibiu preto de 15.000 visitas. Como novidade, nesta ocasión as candeas non se puideron depostivar na capela, senón nun local anexo onde se celebran as misas. Iso se os devotos cumpriron coa tradición de bicar o santuario e fregar as estampas.

Uns días antes, o martes, na parroquia tracense de Vilochada tiñan lugar os festexos de San Mateo, xornada, ademais de festivo local en todo o municipio. O día, acompañado aínda do bo tempo estival, comezou co oficio de tres misas e a solemne, a mediodía. Despois da eucaristía, a banda de música de San Juan de Campo, do mesmo municipio de Trazo. A orquestra Los Españoles animou a verbena.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion