versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A queima da fachada antecede hoxe ao día grande da festa de Santa Minia

[26/09/2010]

O polbo e as verbenas atraen hoxe o groso dos adeptos ao evento. O polbo, a música e actividades culturais marcan hoxe o groso da xornada das festas de Santa Minia en Brión, que que pechan esta xornada dominical cos tradicionais lumes e a queima da fachada. A charanga do grupo Os Celta, abre, ás 10.00 horas de hoxe unha xornada festiva, na que espera, segundo ao organización, máis de quince mil visitantes, unha cifra que se pode dobrar mañá coa asistencia de miles de fieis á misa solemne de devoción á santa.

Para esta xornada dominical, na que as autoridades municipais aplican o dispositivo de restrición de tráfico á suba de Santa Minia, esta prevista, durante a mañá, as actuacións das bandas de música e gaitas de Padrón, Catalmibre e Robaleira. Xa pola tarde Viravolta Títeres porá a actuación teatral, e a primeira horas da noite as orquestras precederán aos tradicionais lumes e a queima da fachada do templo.

Mañá luns, as festas de Santa Minia viven a súa xornada grande, coa chegada de miles de romeiros procedentes de distintos puntos de Galicia e España para render o tradicional voto á santa. As animacións e a verbena poñen o broche a tres días de festa.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion