versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Santa Minia atraeu quince mil fieis ata o santuario

[28/09/2010]

Non faltou o tradicional bico, pero por razóns de seguridade non se levaron as candeas á capela. Preto de quince mil fieis chegados de tódalas partes de Galicia visitaron onte o santurio de San Minia, no día grande das festas de Brión, unhas patronais que, segundo a organización, volveron marcar marca e atraeron preto de 45.000 persoas durante os tres días de festas.

A pesar de ser onte un día laboral, tan só era festivo en Brión, os devotos de Santa Minia, que nesta ocasión non puideron depositar as candeas na capela por razóns de seguridade, acudiron á súa cita e cumpriron a tradición de bicar o santuario e fregar as selo para que les de sorte todo o ano. As candeas e figuras de cera con formas de mans, brazos, cabezas ou pernas tiveron que depositarse nun local anexo, onde se celebran as misas. A espera media, nesta ocasión, para entrar ao santuario, foi de 15 minutos.

Á xornada matinal de devoción relixiosa seguíronlle outro tipo de actos pola tarde, como a homenaxe que o Concello lle rendeu a

Carmen Vidal Doldán, unha veciña de Corme que xa leva 46 asistindo co seu posto á romaxe. Carmen, de 85 anos, recibiu un relado de mans do alcalde de Brión, Xosé Luís García.

Segundo un primeiro balance da organización as festas de Santa Minia volveron ser "todo un éxito", un feito que se evidenciou cos miles de persoas que na madrugada do domingo asistiron á tradicional queima da fachada e a sesión de lumes artificiais, que correron a cargo da Pirotecnia López.

O bo tempo que reinou durante toda a fin de semana animou a moitos visitantes chegados de todos puntos da provincia, polo que a organización calcula que a cifra chegou aos 45.000. Entre as personalidades que non se quixeron perder a festa están o secretario xeral do PsdeG, Pachi Vázquez, así como os alcaldes de Oroso, Ames, Mesía, Negreira e Noia.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion