versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Cultura, animación nas rúas e ritmos folk, na Romería

[21/09/2010]

Xunta, Concello e Deputación únense na programación destes festexos tradicionais. Serán toda esta fin de semana na carballeira. A tradicional romaría de Santa Minia, que este ano se celebrará a próxima fin de semana, incorporará ao seu cartel de actividades unha intensa programación cultural froito da colaboración alcanzada entre o Concello, a Consellería de Cultura e a Deputación, o que suporá que «este ano en Santa Minia haberá espectáculos de rúa, monicreques, grupos de samba e actuacións de grupos de música tradicionais», segundo o técnico municipal de Cultura, Alberto Álvarez. Este novo e renovado programa é froito da decisión municipal de incorporar a Albeno Álvarez ao grupo de traballo que organiza as festas de Santa Minia e que, como todos os anos, contará con Hipólito

Berdullas polo seu bo facer nas últimas edicións. Así, os miles de romeiros que visitan cada ano Brión durante as festas de Santa Minia poderán gozar de espectáculos de rúa a cargo de grupos como Viravolta Títeres, Iabadabadú Festicultures e Gostoso Pa, entre outros.

Así mesmo, a música seguirá tendo un papel primordial nesta romaxe, poís ás habituais orquestras e charangas, o programa definitivo das cales ainda non está pechado, este ano hai que sumarlle tamén as actuacións do grupo de samba Zum Bom, dos grupos de gaitas Catalmibre e A Robaleira e da agrupación folclórica Colexiata de Sar, mentes que a escola de baile e pandeireta de Brión e a Banda de Música Municipal lle porán a notal local.

Con estas novidades Brión reforza a súa aposta pola romaría de Santa Minia, mantendo o compoñente relixioso e festivo ao tempo que recupera a vertente cultural. Na carballeira resoarán de novo os acordes de gaitas e pandeiretas que noutros tempos eran traidos polos veciños. Ademais, o cartel anunciador da romaxe deste ano foi elaborado polo coñecido ilustrador e cartelista Xosé Vizoso.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion