versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Preto dun centenar de xinetes déronse cita na Festa do Cabalo de Brión

[20/09/2010]

Equinos procedentes de distintos puntos da comunidade, nos concursos. Os montes de Rañalonga volveron ser o centro de todas as atencións dos amantes dos equinos onte, coa celebración da XXVIII Festa do Cabalo de Brión. Segundo apuntaron dende a organización, foron algo máis dun centenar os xinetes que participaron nas distintas probas desenvolvidas durante toda a xornada no recinto habilitado neste espazo natural brionés.

Así, a axenda de actos do día comezaba preto das 11.00 horas -con algo de atraso- co inicio dunha ruta cabalar polo lugar. A continuación, nenos e novos saltaron ao circuíto para demostrar a súa valía a lombos dos cabalos e intentar conquistar as probas infantís de salto de obstáculos -de 0,80 e un metro de altura-.

Centos de visitantes permanecían ao outro lado das valla co fin de poder ver os elegantes movementos de cabalos e eguas saltando as barras. Cabe destacar que nestas probas infantís se deron varios casos de rexeite dos equinos. A mañá concluíu co concurso de arrastre, onde se repartiron 450 € en premios.

Tras o xantar popular dos participantes, desenvolvéronse as probas de seis barras e de salto de potencia (a partir das 17.00 horas). Non obstante, as que máis expectación causaron foron, sen dúbida, as carreiras de cabalos. Distinguíronse un total de cinco categorías e a media de participantes en cada unha delas era dunha ducia, segundo indicaron dende a organización. En canto aos premios, as carreiras máis cotizadas foron as de cabalos os pura sangue e as de cruzamento de inglés.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion