versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Catrocentos xinetes cítanse na Festa do Cabalo de Brión

[15/09/2010]

Como novidade, este ano conta coa celebración dunha embretada de xovencas. Os montes de Rañalonga serán a sede este domingo da vixésima edición da Festa do Cabalo de Brión, evento que está promovido pola Asociación Festa do Cabalo de Brión en colaboración co Concello brionés e a Deputación Provincial de A Coruña. Os organizadores prevén reunir preto de catrocentos participantes nas diferentes probas, trescentos para a tradicional ruta e preto de cen no resto de actividades. Ademais tamén agardan a presenza de miles de afeccionados ao mundo do cabalo, que se achegarán ao municipio para gozar do seu pasatempo preferido.

A concentración arrancará o domingo ás 10.30 horas co inicio da ruta cabalar polo monte Rañalonga, onde os xinetes seguirán o leito do río Tambre. Durante a ruta, no recinto cabalar do propio monte terán lugar as probas de arrastre e as de salto nas súas diferentes categorías: altura de 0.40, 0.80 e 1.00. Ás 14.00 horas terá lugar o parón para comer. Os que desexen facelo en Rañalonga disporán dunha pulpería no recinto coa que amenizar a espera ata que ás 17.00 horas se continúen de novo as actividades. Pola tarde terán lugar as probas de salto de potencia, a de seis barras e as distintas carreiras de cabalos, clasificadas segundo as razas destes nas seguintes categorías: do país, cruce do país, cruzados, cruzamento inglés e puro sangue

Embretada de xovencas

A xornada contará como punto final unha embretada de xovencas, unha actividade que constitúe unha novidade na reunión. Trátase dunha exhibición onde cinco equipos compostos por tres xinetes terán que apartar tres xovencas numeradas dun grupo que estará encerrado nun recinto. A proba contará con diferentes conxuntos procedentes de Porto do Son, Ribeira, Boiro, Dodro e Brión. Manuel Fernández, responsable da Asociación Festa do Cabalo de Brión, asegura que se trata de «unha gran novidade, xa que é unha proba habitual en Latinoamérica, Italia ou Francia, pero non aquí». Con este final, a organización espera que participantes e visitantes gocen dunha grande xornada dedicada ao cabalo.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion