versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un encerro de novillas e 400 xinetes no Cabalo de Brión

[15/09/2010]

A XXVIII edición da festa brionesa quenta xa motores para o domingo. Unha novidosa proba, ao peche da festa, exportada de Latinoamérica e consistente nun encerro de novillas, e a participación de preto de 400 xinetes, son dous dos atractivos que se van atopar os amantes do mundo equino na XXVIII edición da Festa do Cabalo de Brión, que se celebra o domingo, día 19, nos montes de Rañalonga. Promovida pola Asociación Festa do Cabalo en colaboración co Concello e a Deputación Provincial, o certame inclúe este ano a tradicional ruta cabalar, na que se prevé que participen 300 xinetes, e o concurso de saltos.

En total a organización repartirá máis de 4.000 euros en premios entre os inscritos, que poderán apuntarse ata unha hora antes do inicio das probas, se están federados e contan co o preceptivo casco.

O encerro de novillas, coñecido en Latinoamérica como embretada, é unha exhibición na que cinco equipos compostos por tres xinetes terán que separar tres novillas numeradas, dun grupo de 15, e que estarán encerradas nun recinto. Segundo Manuel Fernández, responsable da asociación organizadora, trátase dunha gran novidade, xa que é unha proba habitual en Latinoamérica e en países como Francia ou Italia, pero non aquí, polo que esperamos que xere grande expectación".

A Festa do Cabalo iniciarase ás 10.30 horas do domingo coa ruta cabalar que percorrerá os montes de Rañalonga, seguindo o curso do río Tambre. Paralelamente, no recinto cabalar de Rañalonga celebraranse as probas de saltos nas súas diferentes categorías (0.40, 0.80 e 1.00) así como o concurso de arrastre.

O xantar, a partir das 14.00 horas, porá a pausa de tres horas á xornada hípica, as competicións da cal se continuarán ás 17.00 horas co salto de potencia, a proba das seis barras e as distintas carreiras de cabalos, nos que participarán os do país, cruzamento do país, cruzados, cruzamento inglés e puro sangue.

O encerro de novillas e dómaa poderán o broche á Festa do Cabalo.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion