versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A pirotecnia de Brión afástase da área urbana e trasládase a unha zona rural pouco poboada

[12/09/2010]

A empresa tiña licenza en Os Ánxeles, pero estaba moi preto das vivendas. Os veciños da parroquia de Os Ánxeles dormen dende hai semanas bastante máis tranquilos despois de que a empresa Pirotecnia López abandonase definitivamente as instalacións que tiña preto da comarcal de Noia, a escasos metros de varias vivendas e relativamente preto dunha gasolineira, en límite con Ames.

A pirotecnia ocupa agora un terreo na paraxe de Cubelas na parroquia de Santa María de Viceso, unha localización que segundo recoñece o rexedor brionés, Xosé Luís García, «está nun lugar moi alonxado, non medio do monte e con todas ás medidas esixidas para este tipo de instalacións».

En calquera caso, as dependencias agora pechadas e completamente baleiras, tamén tiñan os papeis en regra, unha documentación obtida moito antes de que o bum urbanístico no Val de A Maía fixese proliferar edificacións e empresas nas inmediacións do taller pirotécnico. Precisamente por iso, o traslado da empresa dende Os Ánxeles a Viceso fíxose de mutuo acordo entre o propietario de Pirotecnia López e o Concello.

O cambio tardou máis do previsto pola numerosa documentación requirida para este tipo de negocios. A licenza provisional para a obra da a nova sede de Cubelas data do 5 de agosto do ano pasado. Pero ata o 26 de maio deste ano non chegou a autorización da Delegación do Goberno, un trámite que houbo que completar co preceptivo plan de seguridade cidadá da Dirección Xeral da Policía e a Garda Civil non foi oficial ata finais de abril. A licenza definitiva chegou o 8 de xuño.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion