versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Deputación financia obras por máis de 250.000 euros en Brión, Oroso, Ames e Teo

[11/09/2010]

A entidade apoiará a comunidade terapéutica de Cernadas, en Val do Dubra. A Deputación Provincial de A Coruña autorizou onte por distintas vías varios investimentos en infraestruturas e equipamentos nos concellos de Brión, Oroso, Ames e Teo por un montante que supera os 250.000 euros. A maior parte dos fondos irán para Brión, o rexedor da cal e deputado provincial, Xosé Luís García, rubricou onte co presidente da entidade supramunicipal, Salvador Fernández Moreda, un convenio económico por importe de 200.000 euros.

Os fondos permitirán asfaltar varias pistas da zona rural e acondicionar o ámbito de Nináns, un núcleo no que a Deputación tamén financiará con case oito mil euros a instalación dun sistema de bombeo das auga residuais. O groso da inversión brionesa, con cen mil euros, destinarase a financiar un parque infantil con pista de skate no núcleo de Lamiño, o que permitirá complementar a oferta de xogos existentes, convertendo o lugar nunha zona idónea para o ocio de nenos de entre 1 e 12 anos.

O prazo de execución do parque é de dous meses. Cando estea listo, a zona de Lamiño, xunto ao campo de fútbol de Brión, disporá dun grande parque de uso público de 1.500 metros cadrados nunha zona urbana. Ademais de xogos infantís, o proxecto provincial incluirá un circuíto saudable que permitirá aos máis maiores e aos adultos realizar exercicio físico ao aire libre utilizando maquinaria específica homologada.

Con antelación a Brión, o organismo provincial subscribiu convenios do mesmo tipo cos municipios de Ames e Teo para investimentos en Milladoiro e Calo, respectivamente.

Acordo plenario

Os investimentos previstos para Oroso, Ames e Teo foron ratificados onte no pleno ordinario da Deputación. A asignación de Oroso será para un tramo da estrada CP-0904, co fin de ampliar a calzada e reforzar o firme. Esta obra forma parte dun paquete investidor no que tamén están incluídos Cesures e Betanzos. Os fondos restantes, con máis de trinta mil euros, corresponden ao Plan de Conservación dás Vías Provinciais, que incorpora a reforma da canalización das augas pluviais en Firmistáns, na marxe dereita do vial entre Bertamiráns e A Ramallosa.

A Deputación tamén acordou no debate plenario financiar a reforma de aseos e dormitorios da comunidade terapéutica de Cernadas, situada en Val do Dubra.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion